ATURUXOS da LINGUA

Día das Letras Galegas 2013 dedicado a Roberto Vidal Bolaño Abril 9, 2013

Filed under: DÍA DAS LETRAS GALEGAS — endlnazaret @ 9:25 pm

BolañoA Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño.

Dramaturgo, director e intérprete, é o pai do teatro profesional galego. Iniciouse na arte dramática en 1974 e contribuiu á súa renovación e modernización a través do Grupo Abrente. Dirixiu o Centro Dramático Galego. En relación ao teatro, a súa contribución ao audiovisual foi de menor importancia, aínda que participou no nacemento do cine galego contemporáneo, a finais dos oitenta. Traballou tanto en longametraxes, como en curtas e en series de televisión.

Podedes consultar os seguintes enlaces para obter máis información sobre o autor:

Seminario Galán

Páxina oficial de Roberto Vidal Bolaño

Wikipedia

Biblioteca Virtual Galega

Real Academia Galega

 

Deixar un comentario