NAZARET GALEGO

Revista escolar O Facho nº 8 Xuño 15, 2017

Filed under: INFORMACIÓN XERAL — endlnazaret @ 12:29 pm

Por fin xa está rematada a nova edición da revista escolar de Nazaret. Convidámosvos a botarlle unha ollada a publicación deste curso 2016-17, ao noso número 8.

portada facho

 

Facho nº 8 revista escolar Nazaret 2016-17(2)

 

Visitanos o escritor PERE TOBARUELA. Para presentarnos o seu novo libro da serie FORMIGAS. Maio 15, 2017

Filed under: INFORMACIÓN XERAL — endlnazaret @ 3:06 pm

Este venres 11 de Maio recibimos a visita do escritor da saga de libros “Formigas”. Pere Tobaruela, do cal os/as nenos/as de 5º e 6º leeron a entrega de Misión en París. A charla foi moi amena, e ao final da mesma, firmou adicatorias do seu libro. Tamén nos presentou a última entrega da serie de “Formigas”, esta vez “Misión en Nova York.”

perepere2

 

Concurso Portada e Contraportada da revista escolar O FACHO nº 8 Abril 21, 2017

Filed under: INFORMACIÓN XERAL — endlnazaret @ 12:08 pm

Un ano máis xa temos os debuxos finalistas para que sexan  elexidos como portada e contraportada da nosa revista escolar. Este ano xira entorno os inventos, tema elexido como proxecto de centro.

IMG_6183

 

Celebramos o día da Paz Marzo 29, 2017

Filed under: INFORMACIÓN XERAL — endlnazaret @ 11:20 am

O día 30 de Xaneiro celebramos o “Día Escolar da Non Violencia e a Paz”. Durante toda a semana anterior nos cursos, estivemos cambiando a letra da canción “Para la guerra nada”, de Marta Goméz. O resultado foi esta poesía que cantamos todos xuntos o luns.n

IMG_8576

PARA A GUERRA NADA.

Para a tristeza un sorriso,

para a familia un corazón,

para mamá un lote de bicos,

para o insulto o perdón.

E para a guerra nada!

Caramelos para o nenos,

gafas novas para o avó,

cariño para os amigos,

para o monstro moito amor.

E para a guerra nada!

Para a noite as estrelas,

para os brancos bronceador,

unha semente pra a terra,

para o enfado esta canción.

E para a guerra nada!

Para meu pai unha aperta,

para o barco un capitán,

para o espazo un planeta,

para os pobres un fogar.

E para a guerra nada!

Fora o acoso das escolas,

unha flor para o xardín,

doces soños para a avoa,

e agasallos para tí.

E PARA A GUERRA NADA!

 

O entroido no Cole. Marzo 24, 2017

Filed under: INFORMACIÓN XERAL — endlnazaret @ 1:10 pm

IMG_8860

Ola, novamente vos amosamos as celebracións do cole.  Esta vez, o Entroido. Aquí vos poñemos as divertidas coplas que preparamos nas aulas para cantalas o día da celebración. A disfrutalas.

“INVENTOS A TUTIPLÉN”

(3 E 4 ANOS)

 

NAZARÉT, NAZARÉT,IMG_8663

O CEO ACADARÁS.

NAZARÉT, NAZARET,

É VIDA O QUE FAS.

REXISTRAMOS A PATENTE,

MONTORO CHANTA O DENTE,

OH OH OH OH OH OH    (BIS)

IMAXINA E VEN PA CÁ

OH OH OH OH OH OH

IMAXINA, IMAXINA.IMG_8679

UUH  ¡QUE VIDA!, UHH MEU SOL,  UUH  ¡QUE VIDA!

SOÑAR, PENSAR E INVENTAR

SOÑAR, PENSAR E INVENTAR

SOÑAR, PENSAR E INVENTAR

SOÑAR, PENSAR E INVENTAR!

MÚSICA: “LIKE A DRUM”   

THE CAT EMPIRE

“ EU QUERO FOTOS DUN MUNDO DIFERENTE”

 (5 ANOS)

SOMOS NENAS E NENOS,

ESTAMOS MOI, MOI LEDOS,IMG_8671

PORQUE O ENTROIDO CHEGOU.

SACAMOS FOTOS, FOTOS,

DE RÚAS, TERREMOTOS

VOLCÁNS QUE PODEN QUEIMAR,

DE XENTE A BAILAR.

EU QUERO FOTOSIMG_8652

DUN MUNDO DIFERENTE

CAPTAR COA MIÑA LENTE

PAXAROS A VOAR.

TAMÉN ÁS FLORES,

QUE TEÑAN MOITAS CORES,

NÓS NON SOMOS PINTORES,

MAIS SABEMOS CREAR.

VIMOS MOI ELEGANTES,

CON BOINAS E TIRANTES,

CÁMARAS MULTICOLOR,

QUE SON UN FUROR.

SACO FOTOS NOS PARQUES,

NA PRAIA, EN TODAS PARTES,

TAMÉN FAGO PHOTOSHOP,

A ARTISTAS DO POP.

 

ESTRIBILLO

MÚSICA: “BAJO EL MISMO SOL” ÁLVARO SOLERIMG_8641

“LIBRE”

1º PRIMARIA

Este entroido que comeza xa,

imolo celebrar

todo o mundo twitteando xa,

whasapeando dende o sofá.

Dentro do noso cole Nazaret

xa non podemos beber,IMG_8661

auga xa non podemos coller

que lle imos a facer!!

Libre, cada vez  que collo o móvil

eu son libre

pa´ chamar.

Libre, vou a Bueu e a Moaña

e xa estou

cansado de falar.

Libre, xa vou ter que apágalo

non  teño vida social,

estou moi enganchado,

E xa non podo mais.

Quero que xa volva

A miña libertad.

 

Música: “LIBRE”

NINO BRAVO

“LUCINDO POR TI”

2º DE PRIMARIA

VOUME  ACENDER

PEDINDO MÁIS RECREO PARA TODAS

VOOOUME ACENDER

É POR EDISON QUE ESTOU POR TODOS LADOS.IMG_8645

DESTA MANEIRA  EMOCIONADA

CUNHA BOMBILLA QUE DA LUZ POR TODOS LADOS

UN PARTIDAZO MOI DISPUTADO

UN COMPROMISO QUE EU FAGO PARA VIVIR FELIZ.

QUE  ME GUSTA E NON ME ABURRO TANTO

QUE  TEÑO NO MEU INTERIOR

LUCINDO POR TI, LUCINDO POR TI.IMG_8643

XOGAR CONTIGO, VEXOME FELIZ

QUE SE PARO E NON ME ABURRO TANTO

QUE  TEÑO NO MEU INTERIOR

LUCINDO POR TI, LUCINDO POR TI.

PODO SER FELIZ

VALORANDO E RESPETANDO OUTRAS BOMBILLAS

QUERO SER ASÍ

E ME GUSTO PORQUE SOMOS DIFERENTES.

 

Música: LA BICICLETA

CARLOS VIVES E SHAKIRAIMG_8696

“PASMANDO”

3º Primaria

Pasmando

me paso o día pasmando

e os profesores mentres tanto

non páranme de berrar

Sen tempo

sempre me quedo sen tempo

fun vinte veces xa o baño

e unha soa a mexarIMG_8692

Teño o cu agarrotado

de tanto tempo aquí pasmado

imos a despegar

en dirección : base luar

Pasmo todo o día

con ou sen compañía

Pasmo en valores

pasmo en inglés

pasmo nos recreos

cando os profes non me ven

pasmo en ximnasia

pasmo en relixión

pasmo cando podo e cando teño ocasión

Pasmando!

Pasmando

me paso o día pasmando

e os profesores mentres tanto

non páranme de berrar

Sen tempo

sempre me quedo sen tempo

o lapis paso afiando

ata a hora de marchar

Teño o cu agarrotado

de tanto tempo aquí pasmado

A piques de despegar

en dirección : base luar

 

MUSICA: BAILANDO

ALASKA Y LOS PEGAMOIDES

“INVENTOS NA PREHISTORIA”

4º PRIMARIAIMG_8686

Ola Nazaret

Somos os de cuarto

Presentaremos inventos, descubrimentos; falaremos do tema ata quedar fartos.

Imos comezar

Vimos da Prehistoria

Non hai escritura, si agricultura; a arte ruspestre é a nosa pintura.

EIH VELAQUÍ ESTAMOS NÓS, CHEGAMOS EN MAMUTS, BAILEMOS, EH!

O LUME É O NOSO GRAN DESCUBRIMENTO, RODA, CERÁMICA E ARADO TAMÉN

RECOLECTAR, SEMENTAR, DEBUXAR E CAZAR, BAILEMOS, EH!

BENVIDOS TODOS AO NOSO COLEXIO,  PASARÉMOLO PIPA EN NAZARET

Tamén inventamos

Crómlech e menhir

Covas pa´vivir, vela e tear e na última etapa espadas de metal.

Todos a cantar

As fermosas coplas

Esquecede deberes, tarefas, exames, aulas agobiantes e espeluznantes.

RETROUSO

 

MUSICA: REGETTON LENTO

CNCO

“ POP ART “

5º PRIMARIA

Chegou a festa a Nazaret.

O entroido ponse as pilas e chega  outra vez.

Somos de quinto maiores xa,

estamos fartos xa de tanto traballar.

Somos de 5º de primaria

imos todos de POP ART,IMG_8675

lunares por toda a cara

e traxes guais, uh,uh,uh…

Cada un dun personaxe diferentes ós demais

pero ó final todos xuntos somos iguais.

Outro ano máis en Nazaret,

nos carnavais ímolo pasar moi ben.

Os nosos traxes van ser molóns,IMG_8659

a maquillaxe mola un montón…

Chegou a festa ó colexio,

a divertirseque o entroido xa chegou.

Moitos disfraces para estrear,

imos bailar que a música empeza a soar

E…todo o mundo disfrutando

que o entroido xa chegou,

xúntate cos teus amigos

e… a bailar uuhh!!

RETROUSO

Cada un dun personaxe diferentes ós demais,

pero ó final todos xuntos somos iguais.

 

MÚSICA: CAN`T STOP THE FEELING

JUSTIN TIMBERLAKE

“ABRE O TEU MÓBIL”IMG_8682

6º PRIMARIA

Debes descargar para despois chatear

Hai que estudar para navegar

Recorda que temos tres gigas pa´ gastar

Hai que darlle a like ás fotos  d´instagram

Ao entroido, ao entroido ( 4 veces)

Oe

encende o teu móbil

Mira as fotos

Disfruta das cousas boas

que teñen as redes.

Abre teu móbil

Dalle  a like

E cando remates, volves   comezar.

La,la,la…Twi-ter La,la,la…Insta-gram

La,la,la…you-tube La,la,la…face-book

Cando esteas perdido e non sepas onde vas

Lembra que o teu GPS  sempre te axudará

Sempre que chova

Mira antes o tempo

Que coas apps  mellor te sentirás

Like,like,like,dalle a like

Like,like, e cho agradecerán

Whatsapps, Whatsapps,non paran  de chegar

Whatsapps, Whatsapps,os imos  bloquear.

Oe…

Música: MADRE TIERRA

CHAYANNE

IMG_8684

 

O avión Rosalia de Castro sobrevoa Nazaret Marzo 17, 2017

Filed under: INFORMACIÓN XERAL — endlnazaret @ 10:28 am

Na  pasada semIMG_5441ana, coincidindo co entroido,  celebramos  o 180 aniversario do nacemento dunha das mulleres mais universais da literatura galega, Rosalia de Castro.  Que cumpriría anos o día 24 de Febreiro. Co galo desta celebración, as/os nenas/os do CEIP de NazareIMG_5438t realizamos dous murais nos que poñemos de manifesto cá escritora galega está de actualidade, posto que unha aerolinia  noruega (Norwegian) acaba de poñerlle o seu nome a un avión, e hai unha petición social para cambiar o nome do Aeroporto de Santiago, polo nome da padronesa.

IMG_5439

 

Celebramos as Letras Galegas Maio 21, 2016

Filed under: DÍA DAS LETRAS GALEGAS — endlnazaret @ 12:20 pm